domingo, 2 de enero de 2011

GT "A comprensión lectora dende as TIC"

Neste curso escolar 2010-2011 comezamos un novo proxecto para traballar a comprensión lectora dende diferentes tipos de textos, en galego, e aproveitando as TIC.
Somos un grupo de profesionais na súa maioría pertencentes a departamentos de orientación de colexios públicos e concertados de Vigo, que levamos moitos anos traballando xuntos... nos dous últimos anos sobre a INMERSIÓN EN GALEGO. (Preme sobre o nome para entrar)

Unha cálida aperta para todo o profesorado que "saca tempo" para mellorar a calidade do ensino.

Proxecto asesorado polo CEFORE por Nieves Dapoza e coordinado dende o CEP Dr. Fleming por Lupe González.